lunes, 30 de noviembre de 2020

OPERACIÓN ELF@

Despois de toda a mañá agardando polas novas dende Illa Fantasía, de atopar plumas e pegadas polo chan que nos facían sospeitar que algo pasaría... POR FIN CHEGOU A NOVA CARTA ACOMPAÑADA DUNHA ENORME BOLSA CARGADA DE AGASALLOS!

 
Sen perder un segundo abrimos a fermosa carta que Madam Dragonfly non enviou con novas encomendacións para o mes do Nadal:
 


Descubrimos unha morea de cousas sobre os Elfos, pero sobre todo, chamounos moito a atención todas as cousas que temos que facer na "Operación Elfo":
 

DECORAR A ILLA DE NADAL.
TODO EN VERDE, VERMELLO, BRANCO, PRATA E OURO.
COMPARTIR RECEITAS DE NADAL.
VESTIRNOS COMA OS ELFOS OU ELFAS DO NADAL.
PREPARAR UNHA CANCIÓN OU BAILE DE NADAL.
E...

BUSCAR OS 6 ELFOS E OS 9 RENOS DE PAPÁ NOEL POLO COLEXIO E POLAS RÚAS DE SADA!


 Temos moito traballo por diante neste mes de decembro!

E para ir empezando deixáronnos unha morea de cousiñas de Nadal dentro da bolsa.

 

DAMOS COMEZO Á OPERACIÓN ELF@!

 

viernes, 27 de noviembre de 2020

 COIDAMOS O NOSO CORPO 👧👦

Estos días estivemos a falar de moitas das cousas que podemos facer para coidar o noso corpo:


  •  LEVAR UNHA ALIMENTACIÓN SAN E EQUILIBRADA. 🍆🍅🍗🍚🍌🍍

  • DESCANSAR. 😴😴😴

  • MANTER UNHA BOA POSTURA.

  • FACER EXERCICIO.🏊🏃🎾🏈🏄

  • IR AO MÉDICO.🏥

  • MANTER UNHA BOA HIXIENE PERSOAL: lavar a cara, os dentes, as mans, ducharse...💦🚿🛀

E ti que fas para coidar o teu corpo? Elixe polo menos unha das anteriores (ou algunha outra que se che ocorra) e fai unha foto. Envíama ao longo da fin de semana dicíndime que é o que fas ti para manterte san. Tedes ata o luns para mandalas.

AGARDO OS VOSOS CORREOS! 😍

miércoles, 25 de noviembre de 2020

RESPECTA O MEU ESPAZO

25 DE NOVEMBRO. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

As libélulas voan debuxando círculos para protexerse,
marcan o seu espazo, ese que todos/as deben respectar.
Ti decides quen entra a formar parte do teu cícrulo vital,
quen pode achegarse a ti, quen pode tocarte, bicarte,
susurrarte ao ouvido ou collerte da man.

Ninguén ten dereito a ocupar o teu espazo se ti non queres.
A persoa que te quere, respectarate, non só coas distancias,
senón tamén coas palabras.
Oxalá puidese ser unha libélula nalgún momento da miña
vida... Por iso, hoxe máis que nunca facedevos oír, que
todos/as saiban que temos dereito a elixir a quen queremos
ter o noso lado.

RESPECTA O MEU ESPAZO 

Illa Fantasía. 

 

 Aquí deixamos algunhas das actividades que fixemos para conmemorar esta data.  

MEDALLÓNS DE LIBÉLULAS. 

A semana pasada comezamos a elabaorar os medallóns coas nosas LIBÉLULAS marcando o seu espazo vital. Así de fermosos nos quedaron!

  •  

    MURAL: RESPECTA O MEU ESPAZO  

    Comezamos a elaborar o noso mural no que cada unha e cada un de nós imos deixando a nosa libélula co seu espazo vital marcado, no que aparecen as cousas fermosas que nós decidiremos se entran ou non. 
     

    PEPUKA Y EL MONSTRUO QUE SE LLEVÓ SU SONRISA

    No blogue da biblioteca poderedes atopar este e moitos outros contos, curtas, cancións... para traballar a igualdade de xénero.


    EDICIÓN ESPECIAL DE "O TARABELO NAS ONDAS"

    Dende o equipo de Dinamización da Lingua Galega ofrécennos unha nova edición de o Tarabelo nas Ondas, na que participa anosa compañeira Sofía.

     


     

     


martes, 24 de noviembre de 2020

 UNIT 2

Hello my dear children, en esta unidad estamos aprendiendo las partes del cuerpo (PARTS OF THE BODY) y repasando todos los colores (COLOURS).

Aquí os dejo unas actividades para que repaséis lo aprendido en clase 😉.

IMPORTANTE: En algunas actividades tenéis la posibilidad de enviarme vuestras respuestas. Me gustaría mucho recibirlas. Para eso, con ayuda de "mummy or daddy", completáis el formulario con vuestros datos y lo enviais a mi correo: english@sadaycontornos.es

 

  1. Body parts.
  2. Parts of the body.
  3. Body parts: listen and match the wordto the picture.
  4. Body parts: true or false.
  5. My Body.   

  1.  Colours: Drag and dorp exercice.
  2. Brown bear, Browm bear, What colour do you see? What colour is the animal? Drag and drop.
  3. Colours: Quiz.


lunes, 23 de noviembre de 2020

 FORMANDO DECENAS

Primeira toma de contacto coas DECENAS.

Dez elementos xuntos forman unha DECENA, e iso foi o que fixemos hoxe: formar DECENAS.

Na nosa bolsiña tiñamos un lote de palillos que era preciso agrupar de 10 en 10. Facer as decenas foi sinxelo e divertido, pero poñérllelas gomas para suxeitalas... FÍXONOS SUAR!

 




 

COMPARAMOS LAS DECENAS Y UNIDADES HECHAS CON PALILLOS CON LAS FICHAS ROJAS Y AZULES

Comprobamos que en una de las fichas rojas cogían 10 piezas azules, es por eso cada una de ellas representa una decena, y las azules las unidades.



Pinchando sobre la siguiente imagen podras practicar contando decenas y unidades:



viernes, 20 de noviembre de 2020

PIRÁMIDE DOS ALIMENTOS 

🍑🍒🍌🍍🍧🍩🍆🐟🍞 

Os alimentos son moi importantes para a nosa saúde. Pero precisamos alimentarnos axeitadamente para poder ter enerxía e medrar fortes e sans.

Esta semana descubrimos a PIRÁMIDE DOS ALIMENTOS, que nos indica cales son os máis ou menos saudables e a cantidade de veces que os debemos comer durante a semana (canto máis enriba, menos veces debemos inxerilos).

 

 

 Montamos a nosa propia pirámide, pero... ALGÚNS DOS ALIMENTOS MARCHARON DO SEU LUGAR! 😱😱😱 Serás quen de volvelos a colocar? Preme na imaxe para tentalo 😁.






 

martes, 17 de noviembre de 2020

viernes, 13 de noviembre de 2020

 INTERACTIVE ACTIVITIES

Después de estar trabajando en clase: School Objects, Numbers and Colours, aqui tenéis unas actividades interactivas para repasar todo lo aprendido. 

No tenéis más que hacer clic en los títulos destacados en azul.

¡Sorprended a "mummy" y "daddy" cuanto aprendisteis!

 

Classroom objects: Random Wheel

School objects 

School objects 

School objects: Match up

 

Numbers 0-10:Match

Numbers 1-10: Match up 1, 2 and 3

 

Colours Match up 1,2 and 3

Colours: Match up




jueves, 12 de noviembre de 2020

 MÁIS XOGOS PARA TRABALLAR A LECTOESCRITURA

Por petición popular, aquí vos deixo os dous xogos que tentamos facer na clase, pero que, por "problemas técnicos", non puidemos levar a cabo axeitadamente...

O primeiro deles é o AFORCADO. Ollade o debuxo, pensade que pode ser e ide probando letras ata formar a palabra correctamente. Tedes 7 vidas para conseguilo: A POR ELAS! 


 Agora fixádevos ben: lede con atención e arrastrade a imaxe que se corresponde a cada palabra.

 


RECORDADE! Estas actividades quedan aquí no Blogue para que as fagades cando poidades e todas as veces que queirades! 😉😉😉
 

lunes, 9 de noviembre de 2020

 O TARABELO NAS ONDAS 📻

Na seguinte ligazón podedes escoitar a terceira edición do Tarabelo nas ondas.

A ver se nas vosas casas tamén descubren a solución á nosa adiviña:

"De pequena teño 3 patas e de maior teño 2. Quen son?"

Ademáis fecilitan ao noso "cumpleañero" da semana, Aarón!

👇

O Tarabelo: Se queres volver a escoitar "O Tarabelo nas Ondas"...:

viernes, 6 de noviembre de 2020

🌲🌿🍃HERBARIO🍂🍁🍀

Onte comezamos a investigar de que árbores procedían as nosas follas empregando a APP PlantNet:

1º 📷  SACÁMOSLLE UNHA FOTOGRAFÍA Á FOLLA.

2º. 🔍 BUSCAMOS ENTRE AS DIFERENTES OPCIÓNS A QUE MÁIS SE ASEMELLA Á NOSA.

3º  👀 UNHA VEZ QUE TEMOS CLARO A QUE ÁRBORE PERTENCE PODEMOS VER:

  •   Cal é o seu nome científico.
  •    Cómo é físicamente esa árbore.
  •    Cómo é o seu tronco.
  •    Se da froitos ou non.
  •    Se ten flores. 

Estamos a traballar por equipos. Onte comezou o EQUIPO 1 fotografando as súas follas. Hoxe recolleron toda a información nas fichas do herbario e fóronas colocando dentro do libro de pel de serea que chegou dende Illa Fantasía.

 

Onte e hoxe foi a quenda do EQUIPO 2.
 


 ABRE A CAIXA E XIRA A RULETA

Hoxe pasámolo xenial probando dous xogos novos para practicar a lectura. 

Tal e como falamos, aquí volos deixo para que podades practicar durante a fin de semana 😏😏.





jueves, 5 de noviembre de 2020

 O TARABELO NAS ONDAS

Neste curso púxose en marcha un novo medio de comunicación no noso centro: A RADIO. 

O pasado venres comezou o novo programa radiofónico, "O TARABELO NAS ONDAS", un espazo no que poderemos expresarnos e compartir cos noso compañeiros neste tempo no que case non nos vemos... Premendo na seguinte ligazón poderedes volver a escoitar o programa do pasado venres.

O Tarabelo:  Hoxe nace....... "O Tarabelo nas Ondas"       

 A vindeira semana, as nenas e nenos de 1º, representados por Nico e Lucía, participarán no "Tarabelo nas ondas" propoñendo unha adiviña ao resto do colexio. Serán quen de descubrir de que se trata? Terán unha semana para averigualo😉. 

Aquí vos deixo unha fotografía do momento da gravación que se emitirá o vindeiro luns.




martes, 3 de noviembre de 2020

 CON QUE SENTIDO PERCIBO...?

VISTA👀    OÍDO👂    GUSTO 👅   TACTO✋     OLFACTO👃

Seguimos a voltas cos sentidos. 

Hoxe na clase Xavi demostrounos que ten moi bo sentido do oído 👂 xa que, cos ollos pechados, foi quen de adiviñar todos os obxectos que soaban ao seu redor (timbre, riscar papel, a ruleta xirando...). O mesmo que Thiago que, guiado polas palabras Vera e Lucía, conseguiu chegar ao fondo da clase para tocar o timbre.

Empregamos tamén o sentido da vista 👀 para atopar algún que outro obxecto da clase segundo as características que nos indicaban (algo de cor verde, un obxecto con forma rectangular...).  

Estos días faremos algún xogo máis cos sentidos que nos quedan, mentres tanto, déixovos o xogo que fixemos coa ruleta para que o practiquedes tamén nas vosas casas.

 




                 

VISITA Á PRAIA

Os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria aproveitamos o bo tempo desta semana para ir á praia de Sada. Fixemos castelos de area, cavamos bura...