lunes, 21 de junio de 2021

VISITA DE MADAME DRAGONFLY

Hoxe ao chegar a clase atopámonos cunha caixa misteriosa chea de coroas de flores.

Que sorpresa levamos cando nos viñeron avisar de que Madame Dragonfly estaba agardando por nos no ximnasio!

Alí díxonos o orgullosa que estaba de nós por traballar tanto ao longo de todo este curso axudando a coidar da natureza: plantando, regando, reciclando, estudando...

E como recopensa á nosa gran labor, nomeounos a todas e todos Gardiás e Gardiáns da Natureza!

Por certo! Tamén se lembrou de Enzo e Aarón que hoxe non puideron estar 😉 !


(Premede na primeira foto para ver o video)



 

 

 

DE VERME A BOLBORETA

🐛🐛🐛

 




 

jueves, 17 de junio de 2021

GRANXA ESCOLA DE BELELLE

 Este curso non puidemos desfrutar de moitas actividades fora do cole e por iso desfrutamos máis ainda de calquera oportunidade que se nos presenta!

Onte foi un día xenial arrodeados de natureza. Encantounos poder interactuar con todos os animais da granxa grazas ás fantásticas monitoras que nos acompañaron e que tantas curiosidades nos contaron!

Se queredes lembrar o ben que o pasamos onte en Belelle, premede na foto 😉! 

 

 

Por certo! As profes quedamos encantadas do ben que vos portástedes e estamos desexando poder repetir novas saídas con vós!

 

viernes, 11 de junio de 2021

🌞🌞PRAIA 🌞🌞

 

¡Que día tan especial!

Despois dun curso enteiro sen facer ningunha saída, esta visita á praia... foi xenial!

(Premede na foto para ver o vídeo)


 

 

 

lunes, 7 de junio de 2021

 AS MÁQUINAS

Estamos arrodeados de MÁQUINAS.

As MÁQUINAS facilítannos a vida e fannos aforrar tempo e enerxia.

As rodas que levan as nosas mochilas son MÁQUINAS SIMPLES que nos fan máis sinxelo transportalas dun lugar a outro; pola súa banda, os coches son MÁQUINAS COMPOSTAS que fan que teñamos gastar moita menos enerxía en desprazarnos dun lugar a outro. 

 


 

VISITA Á PRAIA

Os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria aproveitamos o bo tempo desta semana para ir á praia de Sada. Fixemos castelos de area, cavamos bura...