SAÍDA AO TEATRO
Hoxe pasamos unha fantástica mañá por A Coruña!
Comezamos desfrutando da obra "Ninja", na que descubrimos como dous nenos que entrenaban para ser ninjas e pasar desapercibidos, remataban convertidos nuns valentes samurais.
Como o tempo acompañaba, aproveitamos para dar un paseo pola rúa Real ata chegar á praza de María Pita, onde paramos a merendar.
Antes de marchar fumos coñecer o famoso Kiosko Alfonso no que estivo Lecturitas durante o verán. Non puidemos evitar xogar un pouquiño no parque antes de marchar de volta para o cole...
25 N
Co gallo do 25N, durante a semana pasada estivemos a traballar o conto Rosa Caramelo, no que vimos como as elefantas rosas se revelaban para poder ser iguais que os elefantes macho: libres! Por iso escollimos ese lema para o noso bocadillo:
LIBRES E IGUAIS
MEDIMOS: PASO, PIE Y PALMO
QUE SABEMOS SOBRE ZIPI Y ZAPE?
SAMAÍN 2024
1º EP
Preme na imaxe para ver o terroríficamente ben que o pasamos!