lunes, 31 de agosto de 2026

                  MARESADA 




              ANIVERSARIO DE KELANY
 
Tivemos a sorte de coñecer ao irmanciño e ao avó de Kelany. Non hai nada máis importante que a familia. Xuntos celebramos o aniversario coloreando e facendo colares con abalorios!!!

EXCURSIÓN!!!!!!!







 


                   ANIVERSARIO DE LOIS

A nai de Lois e  a súa irmán acompañáronnos neste día para celebrar o seu aniversario. Con sal e xices de cores decoraron un tarro do que sairon verdadeiras obras de arte. Nunca cansarei de dicir que son uns artistas!


 

        ANIVERSARIO DE DYLAN 

A nai de Dylan achegounos, grazas a un vídeo ,ao traballo do pai de Dylan, mariñeiro!  Puidemos ver como e o barco no que traballa. Ademais leunos un conto baseado en valores. Dylan explicou aos seus compañeiros como se pode aprender a sumar de forma lúdica cunha manualidade.






         
           PRIMEIROS AUXILIOS-ASGATE 

                                   PARABÉNS LUNA 

Hoxe o pai de Luna e seu irmán viñeron  celebrar connosco o aniversario. Para iso elaboramos coas nosas mans unha flor. A maiores e colaborando co proxecto de centro, construimos uns barcos de vela. Ao final pintamos unhas bolsas de tea para ir de shopping.


        ANIVERSARIO DE ALONSO 

Alonso veu celebrar o seu aniversario coa súa familia. Que gusto ver neses ollos a emoción! Tivemos a sorte de escoitar tocar ao seu irmán e facer un experimento relacionado co noso proxecto. Fomos mariñeiros por un día!




                  MARESADA