"MI FAMILIA ES DE OTRO MUNDO"
Programa TEI
Dentro do programa TEI, hoxe vimos un vídeo sobre os diferentes tipos de familias que poden existir, falamos sobre elas, compartimos cos compañeiros como é a nosa familia e, finalmente, debuxámolas.
SESIÓN DE CINE FIN DE TRIMESTRE
Analizamos un cartel, vimos o que era unha CARTELEIRA, limos a SINOPSE de 3 películas, votamos a nosa preferida, preparamos as entradas, organizamos o picoteo e... DESFRUTAMOS DUNHA FANTÁSTICA SESIÓN DE CINE!
BOAS VACACIÓNS!
VÉMONOS Á VOLTA!
"AS DÚAS CABRAS" - "AS SEIS EMOCIÓNS BÁSICAS"
Programa TEI
Hoxe dedicamos parte da mañá a ver e reflexionar sobre estes dous contos.
No primeiro deles, "As dúas cabras", falamos do que significa ser teimudo e analizamos en que situacións adoitabamos comportarnos dese xeito. Ao igual que identificamos moitos momentos tamén fomos conscientes das estratexias que tiñamos que levar a cabo para que non nos pasase o mesmo que ás dúas cabras do conto.
Co vídeo "As seis emocións básicas" reflexionamos sobre que cousas nos fan sentir cada unha das nosas emocións: con algunhas foi máis sinxelo que con outras...
AS AVENTURAS DE LECTURITAS
🐘
TALLER DE POESÍA CON PAMELA
🌷🌸🌹🌺🌻🌼
Hoxe tivemos a visita de Pamela que nos veu a falar de poesía e coa que fixemos unhas fermosas flores efímeras con papel hixiénico e rotuladores de cores.
Pasamos un rato ben divertido con ela, moitas grazas pola visita!