martes, 19 de marzo de 2024

VISITA AO PARQUE DE BOMBEIROS

Hoxe visitamos o Parque de Bombeiros de Betanzos. Queredes saber todo o que fixemos e aprendimos?

- Vimos e probamos os traxes empregados para apagar incendios.

- Visitamos a cociña, o ximnasio, os dormitorios e a clase na que estudan.

- Coñecimos os materiais necesarios para salvar vidas e apagar incendios, e subimos a un dos camións!

Pero sen dúbida, o momento máis esperado pola meirande parte dos nenos e das nenas foi o de usar as mangueiras para botar auga. Foi moi divertido!

Para comprobalo, facede click na imaxe e mirade as caras de emoción!

martes, 12 de marzo de 2024

Rosalía de Castro

O pasado 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro recitando o seu poema 
"CANTARTE HEI, GALICIA".

Se queres ver o ben que fixemos, fai click na imaxe.

viernes, 8 de marzo de 2024

As mulleres da nosa vida

Hoxe conmemoramos o Día Internacional da Muller 💜

O alumnado seleccionou unha muller importante da súa vida e fixeron un retrato do seu rostro no símbolo da muller, escribindo tamén o seu nome. Despois, utilizamos todos os símbolos para imitar as pólas dunha árbore, empregando a cor morada e en colaboración cos compañeiros e compañeiras de 2º de Educación Primaria. A que quedou preciosa?


lunes, 4 de marzo de 2024

BUUUM!

Que divertido é aprender xogando!

Encántanos facer cousas novas, así que decidimos cambiar o ditado de palabras tradicional por un DITADO EXPLOSIVO. Deste xeito, os nenos e nenas participan activamente ao ter que explotar diferentes globos para obter un papeliño cunha palabra que, posteriormente, teñen que escribir nas súas libretas. 

Nesta ocasión, practicamos as letras C/QU e G/GU. 




VISITA Á PRAIA

Os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria aproveitamos o bo tempo desta semana para ir á praia de Sada. Fixemos castelos de area, cavamos bura...