miércoles, 26 de mayo de 2021
martes, 25 de mayo de 2021
viernes, 21 de mayo de 2021
RECOLLIDA DAS LEITUGAS
Regámolas a diario, colocámolas nun lugar no que recibiran a luz natural do sol, sacámoslles as herbas malas...
E por fin as nosas leitugas están grandiñas para poder comelas!
É unha pena que non as poidamos preparar na clase e desfrutar tod@s xunt@s dunha saborosa ensalada, pero non vos preocupedes, se seguides a coidar igual de ben as vosas leitugas, de seguro que axiña as poderedes comer tamén!
Mentres tanto, agardamos a que as tres afortunadas que levaron estas para a casa, nos conten (e nos ensinen) o deliciosas que están 😉.
jueves, 20 de mayo de 2021
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
Despois de ter traballado na clase o fermoso poema de Xela Arias, démoslle forma e nome a parte dos seus elementos axudándonos, como non podía ser doutro xeito, de flores e follas do noso entorno.
Incrible a colaboración das familias e a creatividade e a autonomía de tod@s vos á hora de realizar a actividade 😍😍😍.
ACTUACIÓN DO GRUPO QUEIROA
Hoxe por fin o tempo acompañou e puidemos difrutar da actuación do grupo Queiroa, que ademáis de achegarnos a música tradicional, ensináronnos moitas curiosidades dunha morea de instrumentos.
Tíñamos moitas ganiñas de concerto e... ENCANTOUNOS!
miércoles, 19 de mayo de 2021
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
AXIA Hoxe recibimos a visita de Lira que traía para nós unha misión moi especial: dar luz aos planetas do universo do bo trato para consegui...
-
BENVIDXS A PRIMARIA! Despois dunha longa tempada... POR FIN VOLTAMOS Á ESCOLA! 🎊 Agora que xa nos coñecemos todas e todos, é o momento de...
-
FORMANDO DECENAS Primeira toma de contacto coas DECENAS. Dez elementos xuntos forman unha DECENA, e iso foi o que fixemos hoxe: formar DEC...
-
ABRE A CAIXA E XIRA A RULETA Hoxe pasámolo xenial probando dous xogos novos para practicar a lectura. Tal e como falamos, aquí volos deix...

















