viernes, 21 de mayo de 2021

RECOLLIDA DAS LEITUGAS


Regámolas a diario, colocámolas nun lugar no que recibiran a luz natural do sol, sacámoslles as herbas malas...  

E por fin as nosas leitugas están grandiñas para poder comelas!

 


 

É unha pena que non as poidamos preparar na clase e desfrutar tod@s xunt@s dunha saborosa ensalada, pero non vos preocupedes, se seguides a coidar igual de ben as vosas leitugas, de seguro que axiña as poderedes comer tamén!

 

 Mentres tanto, agardamos a que as tres afortunadas que levaron estas para a casa, nos conten (e nos ensinen) o deliciosas que están 😉.




 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

EXCURSIÓN AO AEROPORTO DA CORUÑA   Visitamos o aeroporto e os bombeiros ensináronnos cal é a súa función, puidemos botar auga coa mangueira ...