viernes, 16 de junio de 2023

jueves, 8 de junio de 2023

 PERROS Y LETRAS

🐶📕

 

Chegou o día de despedirnos de Nora...

Agora vai a gozar dunhas merecidas vacaciones para facer o que máis lle gusta, igual que imos facer nós dentro dunhas semanas.

E non podíamos despedila doutro xeito que non fora léndolle entre tod@s un dos seus contos preferidos.

A cambio, ela obsequiounos cunha silueta a tamaño real do seu corpo para que decoremos entre tod@s e logo lle enviemos unha foto para poder colocar no seu cuarto.

Foi unha experiencia fantástica poder compartir lecturas contigo Nora!

Agardamos volver a verte axiña!



 
 

 




A MIÑA FAMILIA É DOUTRO MUNDO

 Partindo do vídeo chamado “Tipos de familia” esta actividade, enmarcada dentro do programa TEI, tivo como obxectivo adquirir o concepto de familia inclusiva. Persoas coas que temos lazos de coidado e afecto, que nos queren e cóidannos e normalmente viven xuntas. Traballar a diversidade de estruturas familiares desde os valores de tolerancia e respecto.

 


 

 

 


 

VISITA Á PRAIA

Os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria aproveitamos o bo tempo desta semana para ir á praia de Sada. Fixemos castelos de area, cavamos bura...