jueves, 30 de noviembre de 2023

VISITA A CORREOS

Hoxe visitamos a oficina de Correos de Sada e aprendimos un montón de cousas sobre como chegan as cartas aos seus destinatarios. 

Primeiro, saímos do cole camiñando ata o buzón amarelo de Correos, no que botamos unhas cartas moooooi especiais (o que levaban dentro é unha sorpresa...). Despois, ensináronnos como era o buzón por dentro e metimos todas as cartas nunha das mochilas que levaban os carteiros.

A continuación, fumos á oficina de Correos para poñerlle o cuño a todas as cartas e explicáronnos como se clasificaban dependendo da dirección.

FOI UNHA EXPERIENCIA XENIAL!

Facede click na imaxe para ver máis fotos

viernes, 24 de noviembre de 2023

Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Mañá, 25 de novembro, conmemórase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. No cole fixemos este mural e cantamos a canción "ni una más" de Aitana.



miércoles, 22 de noviembre de 2023

BINGO!

O Bingo é un xogo que nos encanta. Precisa de moita atención para riscar ben os números que saen e non esquecer ningún. Hoxe o utilizamos para practicar os números.



viernes, 10 de noviembre de 2023

Shhhh...

Coas letras aprendidas ata agora xa podemos formar palabras como "pila", "pupila" ou "amapola". Hoxe engadimos unha letra máis á nosa colección...

A LETRA S!

Unha letra que soa coma o son dunha serpe ou dun globo que se desincha. Pero tamén é o son que facemos cando poñemos o dedo diante da boca para pedir silencio: shhhh...





COMPRENDEMOS A DECENA

Os materiais manipulativos resultan moi útiles nestas idadaes. Sobre todo, cando temos que aprender conceptos un pouco abstractos, como é o caso das decenas e das unidades.

Por iso, para entender mellor que é unha decena, utilizamos os bloques para facer agrupacións de 10 pezas. E que ocorre cando temos pezas de máis e non as podemos agrupar noutro grupo de 10? Pois que son unidades!




viernes, 3 de noviembre de 2023

UN GRAN EQUIPO!

Traballar en equipo é moi beneficioso. Ademais de ser moi divertido, implica respectar as quendas, axudarnos mutuamente, argumentar diferentes puntos de vista...


Nestas imaxes estamos practicando as letras en pequenos grupos, a través de xogos de tarxetas nos que temos que asociar diferentes debuxos coas letras coas que comezan.

AS NENAS E OS NENOS DE 1º FORMAMOS UN GRAN EQUIPO!

MANS ARRIBA!

"Mans arriba!" é un xogo que facemos ás veces para repasar. Queredes saber en que consiste?

A profe di números, sumas, restas, letras, sílabas... e nós escribimos nas nosas pizarras usando rotuladores que nos permiten borrar e escribir as veces que o precisemos. Cando a profe di "mans arriba!", levantamos as pizarras e ensinamos as nosas respostas.

VISITA Á PRAIA

Os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria aproveitamos o bo tempo desta semana para ir á praia de Sada. Fixemos castelos de area, cavamos bura...