martes, 30 de enero de 2024

BOLBORETAS POLA PAZ

Hoxe conmemoramos o Día da Non Violencia e da Paz.

Como sabedes, o proxecto do centro xira en torno á interculturalidade. Unha vez que xa nos coñecemos, estamos a traballar os diferentes continentes que nos arrodean, centrándonos en Europa. 

Investigamos cales eran as bolboretas típicas de Europa e as coloreamos en grupo. En cada unha delas escribimos unha palabra relativa á PAZ e, despois, as intercambiamos cos compañeiros e compañeras de 4º de primaria facendo o ritual Sawabona.


Foi un día xenial!

miércoles, 24 de enero de 2024

A nosa hortiña

🌱 En Ciencias da Natureza estamos a traballar os seres vivos, concretamente as plantas.

Para entender mellor como nacen e medran, e que coidados necesitan, decidimos plantar as nosas propias sementes e observar, día a día, os cambios que se producen nelas. Plantamos sementes de todo tipo (amorodos, flores, lentellas, aguacates...), así que poderemos comparar as plantiñas cando crezan e observar que diferenzas e semellanzas hai entre elas.

Sabemos que é importantísimo coidar e respectar a natureza, por iso situamos os nosos cultivos preto da ventá, para que poidan recibir a luz do sol, e os regamos con auga fresca. 





Coñecendo Argentina

Hoxe visitounos o papá de Renatta para explicarnos cousiñas sobre Arxentina.

Grazas a el sabemos que dúas das comidas típicas deste país tamén se comen aquí habitualmente: as empanadas recheas de diferentes alimentos ("empanadillas") e o asado ("churrasco").

Tamén aprendimos que para a xente arxentina o fútbol é moito máis que un deporte, é unha paixón.


Moitísimas grazas por vir!


martes, 23 de enero de 2024

Primeiros auxilios

Hoxe tivemos un obradoiro de primeiros auxilios, algo que pode resultar moi importante en situacións de emerxencia.

Explicáronnos que temos que facer nunha situación de emerxencia. Comprobar se respira, poñer á persoa na posición lateral de seguridade ou practicar a reanimación cardiopulmonar son algunhas das cousas que practicamos. 

Foi moi interesante!

Se queredes ver as fotos e vídeos da nosa experiencia como expertos e expertas en primeiros auxilios, facede click na imaxe.


jueves, 11 de enero de 2024

A.N.C.A.S.

Hoxe tivemos a sorte de participar nun taller de mobilidade sostible e segura do proxecto Camiños Escolares A.N.C.A.S. 🐸

Trátase dun proxecto que forma parte das estratexias do Concello de A Coruña e a asociación STOP Accidentes para fomentar a mobilidade sostible e facer que os peóns sexamos responsables e poidamos camiñar polas nosas rúas de forma segura.





VISITA Á PRAIA

Os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria aproveitamos o bo tempo desta semana para ir á praia de Sada. Fixemos castelos de area, cavamos bura...