miércoles, 30 de septiembre de 2020

 ILLA FANTASÍA

Esta mañá recibimos unha visita moi especial: Espe, recen chegada das súas vacacións en Illa fantasía, veunos saudar e enchernos de maxia coas súas pompas de xabrón.

Durante un bo anaco viaxamos coa nosa imaxinación recorrendo as diferentes partes da illa: a Ensenada dos Piratas, o Lago das Fadas, a Boca do Lobo, o Reino dos Contos...


Ata recordamos o "Rap das Mulleres Poderosas":



 Espe contounos tamén, que este ano había unha mestra nova na Escola do Unicornio que se chama Madame Dragonfly; alí as nenas e nenos, todos os días ao chegar a escola, fan unha especie de danza ao son de "NIMBO": despregan as súas ás coma as dunha libélula e debuxan o seu círculo vital. Penso que tamén o faremos na clase de 1º...

Ah! E polo visto, axiña teremos novas, parece que unha carta está a piques de chegar, xa atopamos algunha pluma de moucho polo cole... Estaremos moi atentas e atentos...

 

domingo, 27 de septiembre de 2020

 A ÁRBORE DA FAMILIA

 Estas primeiras semanas estamos coñecéndonos cada día un poquiño máis: as nosas cores preferidas, as comidas que máis nos gustan, as nosas actividades preferidas... e tamén estamos coñecendo AS NOSAS FAMILIAS: que membros as compoñen, cales viven con nós e cales non, que nos gusta facer con elas, en que momentos nos reunimos...

A actividade que vos propoño para esta semana é a seguinte: 

" FACER A NOSA ÁRBORE DA FAMILIA"

Ollade o vídeo que vos deixo a continuación para ver de que se trata. 


 Pensade cales son os membros que compoñen a vosa familia, reunide as fotos que precisedes e... XA TEREDES TODO A PUNTO PARA COMEZAR A VOSA ÁRBORE!

Podedes facela en formato dixital, podedes imprimir o modelo que vos deixo a continuación e pegarlle as fotos, podedes facelo deseñando a vosa propia árbore... elexide a opción que máis vos guste.

 


Cando os rematedes, podedes escanealos ou sacarlles unha foto e enviarmos ao correo electrónico para logo poder velos todos na clase.


Deixade voar a vosa imaxinación e desfrutade en familia!

sábado, 26 de septiembre de 2020

BENVIDXS A PRIMARIA!

Despois dunha longa tempada... POR FIN VOLTAMOS Á ESCOLA! 🎊

 

Agora que xa nos coñecemos todas e todos, é o momento de dar a benvida tamén ao blogue da nosa clase, xa que nos acompañará moi de preto durante todo este ano.
 
Aquí compartiremos as actividades que vaiamos facendo e aparecerán outras que poderemos facer dende as nosas casas coas nosas familias, así que estade moi atentas e atentos ás cousiñas que irán pasando por aquí...
 
Imos ver se todas e todos andades por aquí: se viches esta primeira publicación deixa un comentario cun saúdo e co teu nome!
 

COMEZAMOS!  😉😊😍

 
 
 

Todas e todos somos capaces

No día de hoxe, tivemos a sorte de participar nun obradoiro de sensibilización sobre a diversidade e discapacidade da man de COGAMI.  Isto p...