martes, 27 de febrero de 2024

Primavera das Letras

Hoxe acudimos á Casa da Cultura de Sada para asistir ao acto de presentación do proxecto Primavera das Letras. 

Os compañeiros e compañeiras de 6º de primaria interpretaron unha obra de teatro sobre a vida de Luísa Villalta, a persoa homenaxeada, contando coa participación de nenos e nenas de diferentes cursos do cole, que cantaron e tocaron diferentes instrumentos.







viernes, 16 de febrero de 2024

VISITA AO MUSEO DE BELAS ARTES

Hoxe visitamos o Museo de Belas Artes.

Unha das traballadoras do museo explicounos que durante o Entroido desapareceran algúns obxectos dos cadros. De súpeto, apareceu unha mochila no chan do museo.

Sabedes que había dentro dela? OS OBXECTOS DESAPARECIDOS!

Nese momento comezou a nosa misión no museo: ATOPAR A QUE CADRO CORRESPONDÍA CADA OBXECTO. Credes que o logramos?






viernes, 9 de febrero de 2024

QUE VIVA O ENTROIDO!

Encántanos o Entroido!

Luns, martes, mércores e xoves cumprimos os mandatos do Meco: trouxemos un sombreiro, un pano, unhas gafas molonas e a roupa de durmir. 

O venres puxemos os nosos disfraces favoritos e celebramos o Entroido cunha gran festa! 

Coloreamos máscaras, bailamos, rimos e fixemos unha gran merenda con alimentos típicos de Entroido. Estaba todo delicioso!

Se queredes ver o ben que o pasamos durante toda a semana, facede click na imaxe.





VISITA Á PRAIA

Os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria aproveitamos o bo tempo desta semana para ir á praia de Sada. Fixemos castelos de area, cavamos bura...