lunes, 27 de abril de 2026

O xoves pasado viñeron tres alumnas do clube de lectura do Instituto Isaac Díaz Pardo de Sada a compartir con 1º e 2º lecturas que foron importantes para elas cando tiñan estas idades. Moitas grazas por ensinarnos que a lectura e a imaxinación van camiñando xuntas. Nunca deixaremos de imaxinar!







 

lunes, 13 de abril de 2026


VISITA Á LONXA DE SADA

O pasado día 10 de abril a nosa aula, en compaña dos nosos compis de segundo, fumos de visita á Lonxa de Sada. Alí nos explicaron como funciona unha subasta, somo sona a serea cando chega un barco, as diferenzas entre peixe azul e branco, ...tantas cousas nos contaron que non queríamos marchar. Tivemos moita sorte e cando estabamos simulando unha subasta chegou un barco que viña con polbos e nos amosaron un. Gustaríame dar as grazas a Manolo e a Sara pola súa paciencia e por ensinarnos con tanto cariño os seus coñecementos.



 

martes, 7 de abril de 2026



A fotografía é un arte que vai con nós dende que nacemos e que plasma lembranzas que ás veces esquecemos. 




 

                                                       PARABÉNS LÍA! Os pais de Lía viñeron armala ao cole e nos fixeron traballar moito!  ...