viernes, 30 de octubre de 2020

 ACTIVIDADES S, P, L, M, T.

Aquí vos deixo os xogos que fixemos onte na clase para practicar as letras que traballamos estas semanas.





DESFRUTADE MOITO DESTA FIN DE SEMANA LONGA!

SAMAÍN/HALLOWEEN E MAGOSTO🌰

Despois de duas semanas contando os días que faltaban para o Samaín... POR FIN CHEGOU O DÍA!

Este ano tocounos celebralo dun xeito diferente, pero non por iso menos terrorífico! Iso si, lembrámonos moito dos compis que hoxe non puideron vir ao cole, e para que o poidades disfrutar tamén dende as vosas casas, aquí vos deixamos un resumo das actividades que fixemos.


QUEDAMOS ABRAIDOS CO TERRORÍFICXS QUE ESTABAMOS TODXS!

CONTOS DE MEDO

Encantounos ver aos compañeiros e compañeiras dos outros cursos contándonos os seus contos. E, por suposto, encantounos ver de novo o noso! Aquí volo deixo:






EXPOSICIÓN VIRTUAL DE CABAZAS

Canta imaxinación no deseño das cabazas! Facendo clic aquí podedes ver as do noso curso. 

 

RETRATOS E MONSTROS TERRORÍFICOS



DEGUSTACIÓN DE CASTAÑAS NO PATIO





E rematamos a xornada coa proxección de película "Hotel Transilvania"

 PASÁMOLO DE MEDO! 

 

 

 


 

jueves, 29 de octubre de 2020

 MERENDAS NO PATIO

Hoxe por fin comezamos a facer a merenda no patio e o día non puido estar mellor 🌞🌞!

Fixémolo xenial! O único problema foi que nos entretivemos un pouquiño merendando e logo non nos quedou moito tempo para xogar... pero seguro que cada vez o facemos máis rápido!

Lembrade traer unha merenda sinxela, unha peza de froita, un bocadillo pequeno, un bebible... algo que nos quite un pouquiño a fame ata a hora de comer.





 

 

 Ah! É mañá por fin celebraremos o tan esperado SAMAÍN e MAGOSTO. Para ir quencendo motores, anímovos a que visitdes o blogue de "O TARABELO" no que atoparedes un lote de cancións referidas a estas celebracións. 👇👇👇

 

O Tarabelo: Achégase o Samaín........:  Ide practicando estas cancións que vos propoñemos.           

lunes, 26 de octubre de 2020

 OS 5 SENTIDOS

Hoxe comezamos a falar sobre como percibimos as cousas que están ao noso redor:

  • Soubemos que o xersei de Roi era de cor verde grazas ao sentido da VISTA.
  • Dámonos conta de que o barullo da clase é molesto porque o percibimos a través do OÍDO.
  • Enzo soubo que a súa merenda era doce grazas ao sentido do GUSTO.
  • Decatámonos do cheiro a queixiño dos pes descalzos a través do OLFACTO.
  • Nira soubo que a súa diadema era rugosa grazas ao TACTO.

Nos vindeiros días profundizaremos un poquiño máis en todo isto, pero mentres tanto, aquí vos queda o vídeo que vimos hoxe na clase.


viernes, 23 de octubre de 2020

 CLASIFICANDO FOLLAS

Seguindo a idea de Odonata, púxemonos mans á obra para elaborar o noso herbario. Como eran tantas as follas que tiñamos, foi necesario comezar por clasificalas e organizalas. 

 


Para iso fixámonos na súa forma. De paso tamén puidemos apreciar o seu arrecendo, algunha incluso nos recordou ao do té.



 

AGORA XA TEMOS TODO LISTO PARA COMEZAR A INVESTIGAR DE QUE ÁRBORE SON CADA UNHA DELAS!

 


 

 

jueves, 22 de octubre de 2020

 FOLLAS, FLORES E FROITOS

As nosas follas, flores e froitos xa pasaron a cuarentena e xa están listas para que comecemos a traballar con elas!

Mañá comezaremos por separalas e clasificalas pola súa forma, cor e tamaño.



lunes, 19 de octubre de 2020

O ESQUELETO

Hoxe falamos do que temos no interior do noso corpo, debaixo da pel: O ESQUELETO (ademáis dos músculos, os órganos...).

Sabemos que está formado por un conxunto de ósos RÍXIDOS e DUROS, que suxeitan o noso corpo (permítennos manternos en pé) e protexen órganos tan importantes coma o corazón, os pulmóns ou o cerebro.

Xa sabedes que para hoxe temos unha MISIÓN: averiguar cal é o óso máis longo do corpo e traelo escrito na vosa axenda. Mañá localizarémolo nos nosos esqueletos e comprobaremos se é ou non o máis longo de todos 😉.

Para descubrir isto e algunha que outra curiosidade máis sobre o esqueleto, picade no seguinte video.

domingo, 18 de octubre de 2020

FACEMOS O NOSO HERBARIO

Gustounos moito a idea que nos deu Odonata de facer o herbario da clase de 1º. Así que decidimos poñernos mans á obra xa que nos atopamos na estación perfecta para poder recolectar follas de diferentes árbores: O OUTONO.

 Farémolo do seguinte xeito:

  1. Cada nena/neno traerá unhas poucas follas ou flores ao cole (non máis de 4/5 por cuestións de espazo...).
  2. Deixarémolas un par de días en corentena.
  3. Comezaremos a observación: forma, cor, tamaño, a que árbore pertence, froitos...
  4. Iremos compoñendo o noso herbario cos diferentes datos que imos obtendo.

 

Por se alguén quere investigar na casa a que árbore pertence algunha folla, podedes empregar algunha destas Apps que tamén empregaremos na aula: 

  • PL@NTNET.
  • ARBOLAPP.

jueves, 15 de octubre de 2020

NOVAS DENDE ILLA FANTASÍA! 

Hoxe recibimos unha nova carta na que Madame Dragonfly nos contou a historia de ODONATA, unha nena moi especial que dende que naceu estaba arrodeada de insectos, aos cales observaba e admiraba. O mesmo lle pasaba coas plantas e flores que secaba para coleccionar no seu herbario. Isto último deunos unha idea, e se cadra poderemos elaborar o noso propio herbario de aula...


 Pero esta non foi a única sorpresa que recibimos: a profe Oliva tróuxonos un lote de insectos desecados para que puidemos ver ben  de preto! Había libélulas, unha polilla, unha araña...

 Espe tamén nos trouxo unha araña que rescatou no colexio para que a puidésemos observar ben de preto.


 

miércoles, 14 de octubre de 2020

 AS PARTES DA CARA

Continuamos a profundizar nos nosos corpos e hoxe adicámonos a poñerlle nome (en galego) a tódalas partes da nosa cara. Traballaron moi concentradas e concentrados!

Déixovos unha actividade que fixemos na clase para que a poidades facer tamén nas vosas casas.


 




 

viernes, 9 de octubre de 2020

 AS PARTES DO CORPO

Seguimos a voltas co noso corpo e onte na clase vimos que se dividía en: CABEZA, TRONCO e EXTREMIDADES.

Xa que  non todos podiades entrar na publicación anterior, déixovos o vídeo que vimos na clase e unhas actividades para repasar as partes do corpo. 

ACTIVIDADES:

PRACTICAMOS A LECTURA...

... de palabras con L, P, M e S!

Picade na imaxe para comezar o xogo 👉  👉👉👉

 

BOA FIN DE SEMANA A TODXS!

 
 

 

jueves, 8 de octubre de 2020

SOMOS DIFERENTES

Polo que falamos hoxe na clase a maioría fixoo bastante ben e emparellou correctamente os ollos coa súa dona ou dono! 👏👏👏👏

 

Aquí vos deixo a solución.

 



miércoles, 7 de octubre de 2020

SOMOS DIFERENTES

Unhas somos nenas 👧 e outros nenos👦; podemos ter o cabelo rubio, louro, castaño ou negro; tamén pode ser rizado ou liso; temos diferente cor de pel; uns somos altos e outros baixos; o son da nosa voz e distinto... De todos estos rasgos que nos diferencian (e algún máis do que seguro que me esquezo). falamos hoxe na clase.

A cor e o tamaño dos nosos ollos tamén nos diferencian de outras persoas; para comprobar que todo iso era certo fixemos este xogo no que tiñamos que tentar adiviñar a quen pertencían cada par de ollos. Non foi para nada doado, así que decidimos compartilo no blogue para que o tentedes tamén dende as vosas casas.

CANTOS SERES CAPACES DE ADIVIÑAR?

Mañá deixaremos a solución. 😊😊😊 



 

lunes, 5 de octubre de 2020

 CHEGARON NOVAS DENDE ILLA FANTASÍA!

Semellaba unha mañá coma outra calquera ata que de súpeto... PUM, PUM, PUM! Alguén bateu con tanta forza na porta da nosa clase que nos fixo pegar un chimpo nas nosas cadeiras!

Do outro lado da porta estaba a profe Espe que nos viña entregar unha carta que chegara ao cole e que, polo que puidemos ler no sobre, era para nós.

Cal foi a nosa sorpresa ao descubrir que era a mesmísima Madame Dragonfly a que nos escribía falándonos da súa escola. Tamén nos dixo que era unha Elfa moi importante, protectora da natureza, dos sonos e dos desexos e musa das artes.

Nos vindeiros días investigaremos un pouco máis sobre ela, pero mentres tanto, xa teño unha curiosidade... QUE SIGNIFICARÁ O SEU NOME: DRAGONFLY?

viernes, 2 de octubre de 2020

¿DÓNDE HAY MÁS?

1. Contamos cuantos hay.

2. Miramos donde hay más.

3. Colocamos el cocodrilo.

 ¡Recordad! El cocodrilo es un GLOTÓN y siempre quiere comer donde hay más, así que su boca apuntará hacia la cantidad más alta.


 


jueves, 1 de octubre de 2020

VISITA Á PRAIA

Os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria aproveitamos o bo tempo desta semana para ir á praia de Sada. Fixemos castelos de area, cavamos bura...