FACEMOS O NOSO HERBARIO
Gustounos moito a idea que nos deu Odonata de facer o herbario da clase de 1º. Así que decidimos poñernos mans á obra xa que nos atopamos na estación perfecta para poder recolectar follas de diferentes árbores: O OUTONO.
Farémolo do seguinte xeito:
- Cada nena/neno traerá unhas poucas follas ou flores ao cole (non máis de 4/5 por cuestións de espazo...).
- Deixarémolas un par de días en corentena.
- Comezaremos a observación: forma, cor, tamaño, a que árbore pertence, froitos...
- Iremos compoñendo o noso herbario cos diferentes datos que imos obtendo.
Por se alguén quere investigar na casa a que árbore pertence algunha folla, podedes empregar algunha destas Apps que tamén empregaremos na aula:
- PL@NTNET.
- ARBOLAPP.
No hay comentarios:
Publicar un comentario