lunes, 5 de octubre de 2020

 CHEGARON NOVAS DENDE ILLA FANTASÍA!

Semellaba unha mañá coma outra calquera ata que de súpeto... PUM, PUM, PUM! Alguén bateu con tanta forza na porta da nosa clase que nos fixo pegar un chimpo nas nosas cadeiras!

Do outro lado da porta estaba a profe Espe que nos viña entregar unha carta que chegara ao cole e que, polo que puidemos ler no sobre, era para nós.

Cal foi a nosa sorpresa ao descubrir que era a mesmísima Madame Dragonfly a que nos escribía falándonos da súa escola. Tamén nos dixo que era unha Elfa moi importante, protectora da natureza, dos sonos e dos desexos e musa das artes.

Nos vindeiros días investigaremos un pouco máis sobre ela, pero mentres tanto, xa teño unha curiosidade... QUE SIGNIFICARÁ O SEU NOME: DRAGONFLY?

8 comentarios:

VISITA Á PRAIA

Os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria aproveitamos o bo tempo desta semana para ir á praia de Sada. Fixemos castelos de area, cavamos bura...