OS 5 SENTIDOS
Hoxe comezamos a falar sobre como percibimos as cousas que están ao noso redor:
- Soubemos que o xersei de Roi era de cor verde grazas ao sentido da VISTA.
- Dámonos conta de que o barullo da clase é molesto porque o percibimos a través do OÍDO.
- Enzo soubo que a súa merenda era doce grazas ao sentido do GUSTO.
- Decatámonos do cheiro a queixiño dos pes descalzos a través do OLFACTO.
- Nira soubo que a súa diadema era rugosa grazas ao TACTO.
Nos vindeiros días profundizaremos un poquiño máis en todo isto, pero mentres tanto, aquí vos queda o vídeo que vimos hoxe na clase.
Me gusto mucho
ResponderEliminar👀👂🏼👄🖐🏼👃🏼
ResponderEliminarque guay
ResponderEliminarque bonito
ResponderEliminar