lunes, 4 de marzo de 2024

BUUUM!

Que divertido é aprender xogando!

Encántanos facer cousas novas, así que decidimos cambiar o ditado de palabras tradicional por un DITADO EXPLOSIVO. Deste xeito, os nenos e nenas participan activamente ao ter que explotar diferentes globos para obter un papeliño cunha palabra que, posteriormente, teñen que escribir nas súas libretas. 

Nesta ocasión, practicamos as letras C/QU e G/GU. 




O 30 de xaneiro tivemos a sorte de poder acudir a un concerto marabilloso no que non cansamos de cantar!