lunes, 21 de junio de 2021

VISITA DE MADAME DRAGONFLY

Hoxe ao chegar a clase atopámonos cunha caixa misteriosa chea de coroas de flores.

Que sorpresa levamos cando nos viñeron avisar de que Madame Dragonfly estaba agardando por nos no ximnasio!

Alí díxonos o orgullosa que estaba de nós por traballar tanto ao longo de todo este curso axudando a coidar da natureza: plantando, regando, reciclando, estudando...

E como recopensa á nosa gran labor, nomeounos a todas e todos Gardiás e Gardiáns da Natureza!

Por certo! Tamén se lembrou de Enzo e Aarón que hoxe non puideron estar 😉 !


(Premede na primeira foto para ver o video)



 

 

 

1 comentario:

  1. Que bonito video,me encanta ser guardian da natureza😍🥰🥰❤❤🤗🥰😍❤🤗🥰😍Luci

    ResponderEliminar

VISITA Á PRAIA

Os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria aproveitamos o bo tempo desta semana para ir á praia de Sada. Fixemos castelos de area, cavamos bura...