martes, 3 de noviembre de 2020

 CON QUE SENTIDO PERCIBO...?

VISTA👀    OÍDO👂    GUSTO 👅   TACTO✋     OLFACTO👃

Seguimos a voltas cos sentidos. 

Hoxe na clase Xavi demostrounos que ten moi bo sentido do oído 👂 xa que, cos ollos pechados, foi quen de adiviñar todos os obxectos que soaban ao seu redor (timbre, riscar papel, a ruleta xirando...). O mesmo que Thiago que, guiado polas palabras Vera e Lucía, conseguiu chegar ao fondo da clase para tocar o timbre.

Empregamos tamén o sentido da vista 👀 para atopar algún que outro obxecto da clase segundo as características que nos indicaban (algo de cor verde, un obxecto con forma rectangular...).  

Estos días faremos algún xogo máis cos sentidos que nos quedan, mentres tanto, déixovos o xogo que fixemos coa ruleta para que o practiquedes tamén nas vosas casas.

 




                 

4 comentarios:

VISITA Á PRAIA

Os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria aproveitamos o bo tempo desta semana para ir á praia de Sada. Fixemos castelos de area, cavamos bura...