miércoles, 25 de noviembre de 2020

RESPECTA O MEU ESPAZO

25 DE NOVEMBRO. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

As libélulas voan debuxando círculos para protexerse,
marcan o seu espazo, ese que todos/as deben respectar.
Ti decides quen entra a formar parte do teu cícrulo vital,
quen pode achegarse a ti, quen pode tocarte, bicarte,
susurrarte ao ouvido ou collerte da man.

Ninguén ten dereito a ocupar o teu espazo se ti non queres.
A persoa que te quere, respectarate, non só coas distancias,
senón tamén coas palabras.
Oxalá puidese ser unha libélula nalgún momento da miña
vida... Por iso, hoxe máis que nunca facedevos oír, que
todos/as saiban que temos dereito a elixir a quen queremos
ter o noso lado.

RESPECTA O MEU ESPAZO 

Illa Fantasía. 

 

 Aquí deixamos algunhas das actividades que fixemos para conmemorar esta data.  

MEDALLÓNS DE LIBÉLULAS. 

A semana pasada comezamos a elabaorar os medallóns coas nosas LIBÉLULAS marcando o seu espazo vital. Así de fermosos nos quedaron!

  •  

    MURAL: RESPECTA O MEU ESPAZO  

    Comezamos a elaborar o noso mural no que cada unha e cada un de nós imos deixando a nosa libélula co seu espazo vital marcado, no que aparecen as cousas fermosas que nós decidiremos se entran ou non. 
     

    PEPUKA Y EL MONSTRUO QUE SE LLEVÓ SU SONRISA

    No blogue da biblioteca poderedes atopar este e moitos outros contos, curtas, cancións... para traballar a igualdade de xénero.


    EDICIÓN ESPECIAL DE "O TARABELO NAS ONDAS"

    Dende o equipo de Dinamización da Lingua Galega ofrécennos unha nova edición de o Tarabelo nas Ondas, na que participa anosa compañeira Sofía.

     


     

     


3 comentarios:

VISITA Á PRAIA

Os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria aproveitamos o bo tempo desta semana para ir á praia de Sada. Fixemos castelos de area, cavamos bura...