lunes, 30 de noviembre de 2020

OPERACIÓN ELF@

Despois de toda a mañá agardando polas novas dende Illa Fantasía, de atopar plumas e pegadas polo chan que nos facían sospeitar que algo pasaría... POR FIN CHEGOU A NOVA CARTA ACOMPAÑADA DUNHA ENORME BOLSA CARGADA DE AGASALLOS!

 
Sen perder un segundo abrimos a fermosa carta que Madam Dragonfly non enviou con novas encomendacións para o mes do Nadal:
 


Descubrimos unha morea de cousas sobre os Elfos, pero sobre todo, chamounos moito a atención todas as cousas que temos que facer na "Operación Elfo":
 

DECORAR A ILLA DE NADAL.
TODO EN VERDE, VERMELLO, BRANCO, PRATA E OURO.
COMPARTIR RECEITAS DE NADAL.
VESTIRNOS COMA OS ELFOS OU ELFAS DO NADAL.
PREPARAR UNHA CANCIÓN OU BAILE DE NADAL.
E...

BUSCAR OS 6 ELFOS E OS 9 RENOS DE PAPÁ NOEL POLO COLEXIO E POLAS RÚAS DE SADA!


 Temos moito traballo por diante neste mes de decembro!

E para ir empezando deixáronnos unha morea de cousiñas de Nadal dentro da bolsa.

 

DAMOS COMEZO Á OPERACIÓN ELF@!

 

4 comentarios:

VISITA Á PRAIA

Os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria aproveitamos o bo tempo desta semana para ir á praia de Sada. Fixemos castelos de area, cavamos bura...