jueves, 5 de noviembre de 2020

 O TARABELO NAS ONDAS

Neste curso púxose en marcha un novo medio de comunicación no noso centro: A RADIO. 

O pasado venres comezou o novo programa radiofónico, "O TARABELO NAS ONDAS", un espazo no que poderemos expresarnos e compartir cos noso compañeiros neste tempo no que case non nos vemos... Premendo na seguinte ligazón poderedes volver a escoitar o programa do pasado venres.

O Tarabelo:  Hoxe nace....... "O Tarabelo nas Ondas"       

 A vindeira semana, as nenas e nenos de 1º, representados por Nico e Lucía, participarán no "Tarabelo nas ondas" propoñendo unha adiviña ao resto do colexio. Serán quen de descubrir de que se trata? Terán unha semana para averigualo😉. 

Aquí vos deixo unha fotografía do momento da gravación que se emitirá o vindeiro luns.




5 comentarios:

SadaDona

O mercado solidario de libros foi todo un éxito! Comezamos presentando a iniciativa a todos os compañeiros e compañeiras dos diferentes curs...