viernes, 3 de noviembre de 2023

UN GRAN EQUIPO!

Traballar en equipo é moi beneficioso. Ademais de ser moi divertido, implica respectar as quendas, axudarnos mutuamente, argumentar diferentes puntos de vista...


Nestas imaxes estamos practicando as letras en pequenos grupos, a través de xogos de tarxetas nos que temos que asociar diferentes debuxos coas letras coas que comezan.

AS NENAS E OS NENOS DE 1º FORMAMOS UN GRAN EQUIPO!

MANS ARRIBA!

"Mans arriba!" é un xogo que facemos ás veces para repasar. Queredes saber en que consiste?

A profe di números, sumas, restas, letras, sílabas... e nós escribimos nas nosas pizarras usando rotuladores que nos permiten borrar e escribir as veces que o precisemos. Cando a profe di "mans arriba!", levantamos as pizarras e ensinamos as nosas respostas.

martes, 31 de octubre de 2023

SAMAÍN

Que ganas tiñamos de que chegara o Samaín! 
👻💀🎃
Queredes ver todo o que fixemos?


XOGAMOS AO BINGO, AO MEMORY, AO DOMINÓ...



FIXEMOS MANUALIDADES






ENSINAMOS AS CABAZAS QUE FIXEMOS NA CASA







DESFILAMOS COS NOSOS DISFRACES




PASÁMOLO XENIAL!

O SENTIDO DO OLFACTO

Para traballar o sentido do olfacto, cheiramos diferentes olores para averiguar a que correspondía cada un deles. Poderiamos dicir que somos especialistas en adiviñar olores 👃



viernes, 27 de octubre de 2023

Elmer, un elefante moi especial

A inseguridade é algo que afecta a moitos nenos e nenas. Por iso, dentro do programa TEI propuxéronnos ver o conto infantil "ELMER" e traballar a importancia de aceptarnos tal e como somos, coas nosas diferenzas, que fan que sexamos únicos e teñamos unha personalidade especial. 

Despois de ver e reflexionar sobre o conto, recreamos ao elefante utilizando unicamente as cores primarias.





lunes, 23 de octubre de 2023

O SENTIDO DO GUSTO

Continuamos traballando os sentidos, centrándonos hoxe no sentido do gusto. Coa lingua podemos saborear os alimentos e saber, por un lado, se un alimento é doce, salgado, agre, amargo ou umami; e polo outro, se nos gusta ou non un alimento.



jueves, 19 de octubre de 2023

SADABONA

Hoxe coñecimos o significado de SAWABONA, a palabra que inspira o proxecto do cole deste curso: SADABONA.


Lecturitas invitounos a ir hoxe á biblioteca para escoitar o conto de "Sawabona", que significa:

VALÓROTE, RESPÉCTOTE, ES IMPORTANTE PARA MIN


Que importante é respetar, valorar e dicirlle a unha persoa o importante que é para nós, verdade?

                  MARESADA