A inseguridade é algo que afecta a moitos nenos e nenas. Por iso, dentro do programa TEI propuxéronnos ver o conto infantil "ELMER" e traballar a importancia de aceptarnos tal e como somos, coas nosas diferenzas, que fan que sexamos únicos e teñamos unha personalidade especial.
Despois de ver e reflexionar sobre o conto, recreamos ao elefante utilizando unicamente as cores primarias.