jueves, 19 de octubre de 2023

O SENTIDO DO OÍDO

👂Para traballar o sentido do oído, escoitamos unha serie de sons. Despois, debatimos sobre que sons son agradables ou desagradables, respectando todas as opinións, xa que, o que para unha persoa resulta agradable, pode ser desagradable para outra.


O sentido do oído tamén nos permite escoitar música, para así poder bailar ♫







miércoles, 18 de octubre de 2023

O SENTIDO DO TACTO

Que importante é o sentido do tacto! Grazas á pel sabemos se unha textura é suave ou áspera, lisa ou rugosa, branda ou dura... 
Para comprobalo, cos ollos pechados, metimos as mans👐nun sobre para tocar as diferentes texturas e pegalas no lugar correspondente.






O SENTIDO DA VISTA

Comezamos traballando o sentido da vista 👀 poñendo en funcionamento os nosos ollos para atopar as sete diferenzas e para resolver un puzzle do outono.


Relacionado con isto, comentamos que hai persoas que utilizan gafas para ver mellor, outras que non as utilizan e outras que non ven. Mirade que bonitos quedaron os nosos nomes en braille!









miércoles, 11 de octubre de 2023

UN POUCO DE XEOMETRÍA

O cadrado, o triángulo, o rectángulo e o círculo son figuras xeométricas que vemos a diario na nosa contorna: os sinais de tráfico, o taboleiro do parchís, un espertador, o sol... son obxectos que teñen algunhas desas formas.

Para coñecelas contamos coa axuda do can Chocolo, que conseguiu que bailaramos con este vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=qXwaoP2PTTg



Unha vez familiarizados coas esas catro formas xeométricas, coloreamos distintos animais.








AS VOGAIS

Somos expertos e expertas nas vogais!







lunes, 9 de octubre de 2023

1, 2, 3, 4...

Unha das cousas que aprendimos é que os números están moi presentes no noso día a día. Por este motivo, dedicamos tempo a practicar o seu trazo, para así ser capaces de facelos correctamente.






Ademais, aproveitando que nos encanta a plastilina, decidimos utilizala para facer números.







viernes, 6 de octubre de 2023

Presentámonos!

Ola a todos e a todas!

Antes de nada, queremos dar a benvida aos tres compis que se incorporaron este curso ao noso cole e á nosa aula. Estamos felices de compartir o noso día a día con vós!

Aquí estamos os 23 nenos e nenas que formamos a clase de 1º de Primaria. Traballamos, aprendemos, xogamos, bailamos e, sobre todo, rimos.




                  MARESADA