O cadrado, o triángulo, o rectángulo e o círculo son figuras xeométricas que vemos a diario na nosa contorna: os sinais de tráfico, o taboleiro do parchís, un espertador, o sol... son obxectos que teñen algunhas desas formas.
Para coñecelas contamos coa axuda do can Chocolo, que conseguiu que bailaramos con este vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=qXwaoP2PTTg
Unha vez familiarizados coas esas catro formas xeométricas, coloreamos distintos animais.