lunes, 31 de agosto de 2026

                  MARESADA 




              ANIVERSARIO DE KELANY
 
Tivemos a sorte de coñecer ao irmanciño e ao avó de Kelany. Non hai nada máis importante que a familia. Xuntos celebramos o aniversario coloreando e facendo colares con abalorios!!!

EXCURSIÓN!!!!!!!







 


                   ANIVERSARIO DE LOIS

A nai de Lois e  a súa irmán acompañáronnos neste día para celebrar o seu aniversario. Con sal e xices de cores decoraron un tarro do que sairon verdadeiras obras de arte. Nunca cansarei de dicir que son uns artistas!


 

        ANIVERSARIO DE DYLAN 

A nai de Dylan achegounos, grazas a un vídeo ,ao traballo do pai de Dylan, mariñeiro!  Puidemos ver como e o barco no que traballa. Ademais leunos un conto baseado en valores. Dylan explicou aos seus compañeiros como se pode aprender a sumar de forma lúdica cunha manualidade.






         
           PRIMEIROS AUXILIOS-ASGATE 

                                   PARABÉNS LUNA 

Hoxe o pai de Luna e seu irmán viñeron  celebrar connosco o aniversario. Para iso elaboramos coas nosas mans unha flor. A maiores e colaborando co proxecto de centro, construimos uns barcos de vela. Ao final pintamos unhas bolsas de tea para ir de shopping.


        ANIVERSARIO DE ALONSO 

Alonso veu celebrar o seu aniversario coa súa familia. Que gusto ver neses ollos a emoción! Tivemos a sorte de escoitar tocar ao seu irmán e facer un experimento relacionado co noso proxecto. Fomos mariñeiros por un día!




domingo, 14 de junio de 2026

LIMPEZA DA PRAIA DE SADA




 

ANIVERSARIO MAXI
A nai e a avoa do noso compañeiro Maxi viñeron celebrar o cumple facendo un experimento. Esta clase está chea de xente con moitas ideas e a nós moito nos gusta que as compartan connosco.



 

ANIVERSARIO AMETS

A nai de Amets veu a clase a celebrar un cumple relacionado co mar. Aprendimos a crear monstruos mariños e a facer figuras mariñas. 





 

                                 
                               ENKI!!!


viernes, 8 de mayo de 2026

                                                       PARABÉNS LÍA!

Os pais de Lía viñeron armala ao cole e nos fixeron traballar moito!  Unha búsqueda do tesouro! Canto corrimos, pensamos, ideamos, argallamos....e, por suposto, aprendimos! Xa despois na clase decoramos un lapiceiro con formas que nos trouxeron e moito brilli-brilli.

 


lunes, 27 de abril de 2026

O xoves pasado viñeron tres alumnas do clube de lectura do Instituto Isaac Díaz Pardo de Sada a compartir con 1º e 2º lecturas que foron importantes para elas cando tiñan estas idades. Moitas grazas por ensinarnos que a lectura e a imaxinación van camiñando xuntas. Nunca deixaremos de imaxinar!







 

lunes, 13 de abril de 2026


VISITA Á LONXA DE SADA

O pasado día 10 de abril a nosa aula, en compaña dos nosos compis de segundo, fumos de visita á Lonxa de Sada. Alí nos explicaron como funciona unha subasta, somo sona a serea cando chega un barco, as diferenzas entre peixe azul e branco, ...tantas cousas nos contaron que non queríamos marchar. Tivemos moita sorte e cando estabamos simulando unha subasta chegou un barco que viña con polbos e nos amosaron un. Gustaríame dar as grazas a Manolo e a Sara pola súa paciencia e por ensinarnos con tanto cariño os seus coñecementos.



 

martes, 7 de abril de 2026



A fotografía é un arte que vai con nós dende que nacemos e que plasma lembranzas que ás veces esquecemos. 




 

viernes, 27 de marzo de 2026

 E para rematar o trimestre, tivemos a sorte de que nos viñesen visitar os pais de Luís. A súa profesión ten moito que ver co mar, coa bioloxía, coa ciencia... e hoxe amosáronnos un pouco do seu traballo. Quedamos abraiados ao enterarnos, por exemplo, de que os peixes tamén se vacinan! Ata os pinchan coma a nós! E outros coma son pequenos os meten nunha bañeira coa vacina, nunca tal se viu! O mar tamén ten estacións e xa sabemos por que as algas teñen diferente cor. Ademais puidemos ver coma con acetona pura se pode extraer o pigmento da alga. Hai tantas cousas que non sabemos... pero somos afortunad@s de aprender cada día un pouquiño máis. Grazas familias polo voso tempo e a vosa paciencia! 





 EXCURSIÓN AO AQUARIUM FINISTERRAE



lunes, 16 de marzo de 2026

Sesión de contacontos " nin máis, nin menos". Deixando atrás os estereotipos viñéronnos contar como a igualdade é o escenario ideal para convivir xuntos. 





ROBÓTICA





 

                  MARESADA