viernes, 27 de marzo de 2026

 E para rematar o trimestre, tivemos a sorte de que nos viñesen visitar os pais de Luís. A súa profesión ten moito que ver co mar, coa bioloxía, coa ciencia... e hoxe amosáronnos un pouco do seu traballo. Quedamos abraiados ao enterarnos, por exemplo, de que os peixes tamén se vacinan! Ata os pinchan coma a nós! E outros coma son pequenos os meten nunha bañeira coa vacina, nunca tal se viu! O mar tamén ten estacións e xa sabemos por que as algas teñen diferente cor. Ademais puidemos ver coma con acetona pura se pode extraer o pigmento da alga. Hai tantas cousas que non sabemos... pero somos afortunad@s de aprender cada día un pouquiño máis. Grazas familias polo voso tempo e a vosa paciencia! 




  E para rematar o trimestre, tivemos a sorte de que nos viñesen visitar os pais de Luís. A súa profesión ten moito que ver co mar, coa bio...