Seguimos descubrindo novas formas de facer arte, neste caso creamos as nosas obras dende cero!
Por equipos elaboramos a PASTA DE SAL, para o que precisamos tres sinxelos ingredientes: fariña, sal e auga. Logo remeximos todo moi ben e fomos amasando por turnos: foi moi divertido, pero tamén moooi canso!
Cando conseguimos unha masa ben consistente que xa non se nos apegaba nas máns, foi o momento de comezar a crear as nosas pezas.
Pasámolo en grande e, ademáis, cando rematamos recollimos e limpamos a clase entre tod@s!
No hay comentarios:
Publicar un comentario