Hoxe convertímonos en oleiras e oleiros por un día. Aprendimos a traballar o barro e deseñamos as nosas propias pezas; en canto estén cocidas poderemos decoralas ao noso gusto.
Tamén fixemos un pequeno percorrido polas casas dos antigos oleiros, vimos onde cocían as pezas, os fumeiros onde as poñían a secar e quedamos abraiad@s ao descubrir que toda a familia durmía xunta nunha mesma habitación.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra do ben que o pasamos!
Que bien lo pasè.
ResponderEliminarAitana