PROGRAMA TEI
(Titoría Entre Iguais)
Hoxe tivemos unha visita moi especial que sempre estamos desexando que veña: a mestra Lucía, a orientadora do cole.
Contounos un conto moi fermoso que nos fixo reflexionar sobre como nos sentimos cando alguén non nos trata dun xeito correcto e do que temos que facer se nos atopamos nunha situación paracida á que se atopaba Martín, o seu protagonista.
Tamén nos contou que, ao longo deste curso, afondaremos en temas dos que falamos hoxe como a autoestima, a inclusión, o altruísmo, as emocións... a través do PROGRAMA TEI.
No hay comentarios:
Publicar un comentario