martes, 8 de marzo de 2022

AS DÚAS CABRAS

 Partindo do vídeo do conto chamado “As dúas cabras”, esta actividade ten como obxectivo que os/as nenos/as aprendan a resolver os conflitos de xeito positivo. A finalidade é que os/as alumnos/as empecen a ser asertivos.

Tras reflexionar de maneira individual sobre o vídeo reunirémonos en grupos de 4 ou 5 persoas e cada neno/a conta os actos que pensaron que pode realizar para resolver un conflito cun/a compañeiro/a.






E despois Marta e María ofrecéronse voluntarias para dramatízar as propostas que se expuxeron nos grupos.





Finalmente recolléronse as achegas da sesión a nivel xeral de clase facendo fincapé na forma correcta de resolver os conflitos que se dean no centro. Para iso explicouse a forma adecuada de chegar a acordos para que aprendan a negociar:

• Sentarse fronte a fronte

• Cada un/ha expresa o seu punto de vista

• Damos tres solucións posibles

• Os/as dous avalían cada opción

• Crear un acordo



No hay comentarios:

Publicar un comentario

C/QU