jueves, 17 de junio de 2021

GRANXA ESCOLA DE BELELLE

 Este curso non puidemos desfrutar de moitas actividades fora do cole e por iso desfrutamos máis ainda de calquera oportunidade que se nos presenta!

Onte foi un día xenial arrodeados de natureza. Encantounos poder interactuar con todos os animais da granxa grazas ás fantásticas monitoras que nos acompañaron e que tantas curiosidades nos contaron!

Se queredes lembrar o ben que o pasamos onte en Belelle, premede na foto 😉! 

 

 

Por certo! As profes quedamos encantadas do ben que vos portástedes e estamos desexando poder repetir novas saídas con vós!

 

5 comentarios:

SadaDona

O mercado solidario de libros foi todo un éxito! Comezamos presentando a iniciativa a todos os compañeiros e compañeiras dos diferentes curs...