jueves, 15 de abril de 2021

SEMENTE DE AGUACATE

Hoxe preparamos as nosas sementes de aguacate para cultivar.

1. Lavamos ben as sementes (revisamos que non quedase nada de carne).

2. Colocámoslle catro palillos a modo de soporte para poder poñelos nos vasos.

3. Enchimos os vasos con auga ata que quedou unha pequena parte da semente sumerxida.

4. Colocámolos nun lugar no que reciben a luz do sol.

Agora so nos falta agardar a que a raíz e o talo comecen a brotar; canto tardarán? Estaremos pendentes e contaremos os días, semanas ou meses. ⏰⌛⏰⏳




 Conseguiremos unhas raíces e un talo tan longos coma os do aguacate de Nathan? 😲

 


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

EXCURSIÓN AO AEROPORTO DA CORUÑA   Visitamos o aeroporto e os bombeiros ensináronnos cal é a súa función, puidemos botar auga coa mangueira ...