lunes, 8 de marzo de 2021

8 DE MARZO

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O día 8 de marzo celebramos o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. É un día especial xa que recordamos as cousas que fixeron mulleres moi importantes ao longo da historia.

Hoxe parécenos moi normal que as nenas e nenos poidan estudar, dicir o que pensan, xogar xuntos... pero non sempre foi así. Grazas a moitas mulleres que loitaron, e seguen a loitar, puidemos acadar todo isto, pero aínda nos queda moito camiño por andar.

Así que, este ano centrarémonos de xeito específico en mulleres que loitaron en prol do ecoloxismo. Máis concretamente en dúas mulleres galegas: 

  • JESSICA REY. Responsable de marketing da Casa Grande de Xanceda.
  • CRISTINA GARCÍA. Creadora de Algas la patrona.

Nas seguintes ligazóns atoparedes máis información sobre elas:

 


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

VISITA Á PRAIA

Os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria aproveitamos o bo tempo desta semana para ir á praia de Sada. Fixemos castelos de area, cavamos bura...