viernes, 15 de enero de 2021

TAREFAS PARA A FIN DE SEMANA

Esta semana estivemos a viaxar a diferentes lugares do mundo sen movernos da nosa cadeira : Canarias, Miño, Pekin, Laponia ou Buenos Aires foron algúns dos nosos destinos. Para chegar a eles empregamos os MEDIOS DE TRANSPORTE, pero non todos nos serven para viaxar a calquera sitio: xa sabemos que para chegar ás Illas Canarias so podemos empregar os aéreos e os acuáticos.

 Agora tócanos pensar a onde nos gustaría viaxar a cada un de nós e pensar no medio de transporte que poderíamos empregar. Déixovos a listaxe que vimos na clase por se vos da algunha idea.

 O luns tentaremos adiviñar que medio de transporte elexiu cada un/unha de nos!


 

 

 

 

 

3 comentarios:

VISITA Á PRAIA

Os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria aproveitamos o bo tempo desta semana para ir á praia de Sada. Fixemos castelos de area, cavamos bura...