lunes, 25 de enero de 2021

BUSCANDO A IRIS...

Hoxe recibimos correspondencia dende Illa Fantasía comunicándonos que Iris o Camaleón, o guardián das emocións, está desaparecido... e se iris non aparece, Rabia, Odio e Ira encherán a Illa de escuridade. Non o podemos permitir! E moito menos esta semana na que celebraremos o Día da Paz...

Tras consultar o "Grande libro da Illa" atoparon o xeito de dar con el:

SE UN CAMALEÓN TI QUERES ATOPAR, AS CORES DO ARCO DA VELLA DEBES COLECCIONAR.  



 Estás dispost@ a axudar a atopalo? O único que debes facer e construir o teu arco da vella con obxectos das cores que estan presentes nel, e unha vez feito, enviar unha foto ao correo da clase. O venres encheremos o blogue con todos os nosos arcos da vella para axudar a que Iris o Camaleón volte de novo a Illa fantasía!

Déixovos unha imaxe do arco da vella para que lembredes as súas cores e unha combinación das mesmas con diferentes obxectos que podemos ter pola casa. 

 


 

DEIXADE VOAR A VOSA IMAXINACIÓN E DESFRUTADE EN FAMILIA!


 

1 comentario:

VISITA Á PRAIA

Os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria aproveitamos o bo tempo desta semana para ir á praia de Sada. Fixemos castelos de area, cavamos bura...