viernes, 18 de diciembre de 2020

 ACHÉGASE O NADAL

O Nadal está cada vez máis preto e os nervios e a ILUSIÓN están cada vez máis presentes. 

 

OPERACIÓN ELF@ 

¡Por fin, xa están en Sada os Elf@s e os Renos! E dende a Illa chegáronnos unhas tarxetas nas que poderemos ir anotando todos os que vaiamos atopando. Cando os atopedes recordade sacarvos unha fotos con el@s, e cando os teñades tod@s, envíadeas ao correo da aula (ep1).

¡A POR EL@S!

 

 

GUIRNALADAS CON CDs DECORADOS

Tamén rematamos a nosa guirnalda de pingüíns. Estade moi atent@s porque o luns adornarán o cole xunto coas do resto de compañeir@s 😉.


 TARXETAS DE NADAL

Hoxe deixamos voar a nosa creatividade e enchimos o noso saco de tarxetas cos nosos mellores desexos para os nosos/as compañeiros/as. O vindeiro martes cada un/unha de nos collerá unha ao azar...Que emoción!


 

 
E A SEMANA QUE VEN AGÁRDANNOS MOITAS MÁIS SORPRESAS!

💓💓💓

2 comentarios:

SadaDona

O mercado solidario de libros foi todo un éxito! Comezamos presentando a iniciativa a todos os compañeiros e compañeiras dos diferentes curs...