martes, 24 de septiembre de 2024

PARABÉNS JOEL!

🎂🎂🎂🎂🎂🎂

 


 

 PRIMEIROS DÍAS

 














BENVIDAS/OS A PRIMARIA 

 Comezamos un novo curso e con el poñemos en marcha o blogue de 1º.

Estade moi atentas e atentos, por aquí deixaremos constancia de todas as aventuras que nos agardan este ano! 

COMEZAMOS!

 



 

 

 

viernes, 21 de junio de 2024

BO VERÁN!

Hoxe despedimos o curso por todo o alto! Queredes probas? Pois facede click no vídeo para ver o ben que o pasamos.


Hoxe comezan as vacacións de verán. Unhas vacacións moi merecidas, xa que traballamos e esforzámonos moito durante todo o curso. Unhas vacacións para desfrutar, descansar e recargar pilas, que tamén é moi necesario. 

Son dous meses que pasan voando, pero por se nalgún momento non sabemos que facer, podemos recordar todo o aprendido durante o curso para divertirnos:

- Podemos observar o ceo para ver as estrelas, pois temos dominado o espazo.
- Podemos recoller cunchas na praia e contar cantas temos, pois xa sabemos sumar e restar.
- Podemos pagar no supermercado e nas tendas, pois xa sabemos manexar perfectamente os euros e os céntimos.
- Podemos axudar aos adultos a facer a lista da compra ou facer un diario explicando os plans tan divertidos que fagamos, pois xa sabemos escribir.
- Podemos coller os nosos contos favoritos e ler os textos, analizar os debuxos, inventar historias... pois somos especialistas lendo e imaxinando.
- Podemos cociñar receitas deliciosas, pois somos chefs profesionais.
- Podemos soplar pompiñas de xabón, correr pola praia, cantar e bailar as nosas cancións favoritas, xogar cos xogos de mesa...

Fagamos o que fagamos, temos que facelo sempre desde o corazón.

"Grazas por emocionarme e ensinarme, unha vez máis, o bonita e gratificante que é esta profesión. Sodes moi especiais. Sempre teredes un oco no meu corazón. Quérovos!" (a vosa titora, Sara).

jueves, 20 de junio de 2024

A toda máquina!

Aproveitando que estamos traballando as máquinas en Ciencias da Natureza, decidimos convertirnos en inventores de máquinas. Como vedes nas fotos hai unha ampla variedade de invencións: unha lavadora-zumeiro que lava roupa ao tempo que fai zumes, un cinto que permite viaxar no tempo, unha ducha que bota chuches en vez de auga, unha fotocopiadora de xeados… e moitas máis! Canta imaxinación! 



















viernes, 14 de junio de 2024

Robot, robot...

Hoxe utilizamos o Tale-BOT PRO para traballar dunha forma máis divertida. Ao longo do curso o empregamos para repasar as letras, a lectura de palabras... e hoxe para traballar as sílabas trabadas.










martes, 11 de junio de 2024

VISITA Á CASA DO QUEIXO

Hoxe visitamos a Casa do Queixo de Grixalba.

A primeira actividade que fixemos foi cociñar a nosa propia comida. Tivemos que cortar distintas froitas (mazás, plátanos, piñas, melocotóns...) en anaquiños moi pequeniños para logo mesturalos con xugo.

A segunda actividade consistiu en facer queixo fresco. É moi doado de facer e só hai que utilizar tres ingredientes!

Antes de xantar puidemos coñecer aos animaliños que hai na granxa: un burro, un porco, varias ovellas e cabras, coelliños e dúas vacas enoooormes. Aprendimos moitas cousas sobre eles, por exemplo que o burro é un dos animais máis intelixentes e o porco un dos máis limpos. Tamén puidemos acariciar ás ovellas, pois encántanlles as caricias!

Despois de xantar aprendimos como é o proceso para extraer a la das ovellas e fixemos unha "gymkana" pola granxa buscando pistas.

Se queredes ver fotos de todo o que fixemos facede click na imaxe.

QUE BEN O PASAMOS!

                  MARESADA