Dentro do programa TEI, hoxe vimos un vídeo sobre os diferentes tipos de familias que poden existir, falamos sobre elas, compartimos cos compañeiros como é a nosa familia e, finalmente, debuxámolas.
viernes, 11 de abril de 2025
SESIÓN DE CINE FIN DE TRIMESTRE
Analizamos un cartel, vimos o que era unha CARTELEIRA, limos a SINOPSE de 3 películas, votamos a nosa preferida, preparamos as entradas, organizamos o picoteo e... DESFRUTAMOS DUNHA FANTÁSTICA SESIÓN DE CINE!
BOAS VACACIÓNS!
VÉMONOS Á VOLTA!
"AS DÚAS CABRAS" - "AS SEIS EMOCIÓNS BÁSICAS"
Programa TEI
Hoxe dedicamos parte da mañá a ver e reflexionar sobre estes dous contos.
No primeiro deles, "As dúas cabras", falamos do que significa ser teimudo e analizamos en que situacións adoitabamos comportarnos dese xeito. Ao igual que identificamos moitos momentos tamén fomos conscientes das estratexias que tiñamos que levar a cabo para que non nos pasase o mesmo que ás dúas cabras do conto.
Co vídeo "As seis emocións básicas" reflexionamos sobre que cousas nos fan sentir cada unha das nosas emocións: con algunhas foi máis sinxelo que con outras...