jueves, 12 de diciembre de 2024

PALABREANDO - DECEMBRO

 

No día de onte recibimos a visita Lucía para contarnos que nos outorgaran dous premios do concurso mensual "Palabreando", organizado dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega: un a nivel de aula por ter buscado, escrito e debuxado as palabras do día na nosa axenda, e outro para Héctor, polo seu traballo individual.

 

NORABOA PARA TODAS E TODOS!

 


 

 

 

NALA VISITA A CLASE DE 1º

Onte recibimos a visita de Nala, a gatiña de Sara Rey. Ao principio parecía un pouco asustada, pero axiña colleu confianza e recorreu todos os recunchos da aula.

 


 

martes, 10 de diciembre de 2024

ELMER

PROGRAMA TEI


Partindo do conto “Elmer”, falamos do importante que é aceptarnos tal e como somos, así como tamén coñecer as nosas características físicas.

 


                  MARESADA