BENVIDAS/OS A PRIMARIA
Comezamos un novo curso e con el poñemos en marcha o blogue de 1º.
Estade moi atentas e atentos, por aquí deixaremos constancia de todas as aventuras que nos agardan este ano!
COMEZAMOS!
Aproveitando que estamos traballando as máquinas en Ciencias da Natureza, decidimos convertirnos en inventores de máquinas. Como vedes nas fotos hai unha ampla variedade de invencións: unha lavadora-zumeiro que lava roupa ao tempo que fai zumes, un cinto que permite viaxar no tempo, unha ducha que bota chuches en vez de auga, unha fotocopiadora de xeados… e moitas máis! Canta imaxinación!
Hoxe visitamos a Casa do Queixo de Grixalba.
A primeira actividade que fixemos foi cociñar a nosa propia comida. Tivemos que cortar distintas froitas (mazás, plátanos, piñas, melocotóns...) en anaquiños moi pequeniños para logo mesturalos con xugo.
A segunda actividade consistiu en facer queixo fresco. É moi doado de facer e só hai que utilizar tres ingredientes!
Antes de xantar puidemos coñecer aos animaliños que hai na granxa: un burro, un porco, varias ovellas e cabras, coelliños e dúas vacas enoooormes. Aprendimos moitas cousas sobre eles, por exemplo que o burro é un dos animais máis intelixentes e o porco un dos máis limpos. Tamén puidemos acariciar ás ovellas, pois encántanlles as caricias!
Despois de xantar aprendimos como é o proceso para extraer a la das ovellas e fixemos unha "gymkana" pola granxa buscando pistas.
Se queredes ver fotos de todo o que fixemos facede click na imaxe.
QUE BEN O PASAMOS!
Mirade o resultado do enorme traballado realizado durante o curso dentro do proxecto do centro: a interculturalidade.No primeiro trimestre investigamos sobre os países dos nenos e nenas da clase, coa finalidade de coñecernos un poquiño máis. Primeiro, os ubicamos no mapa do mundo e no continente correspondente, e aprendimos os nomes dos continentes grazas a esta canción.
MARESADA