martes, 11 de junio de 2024

VISITA Á CASA DO QUEIXO

Hoxe visitamos a Casa do Queixo de Grixalba.

A primeira actividade que fixemos foi cociñar a nosa propia comida. Tivemos que cortar distintas froitas (mazás, plátanos, piñas, melocotóns...) en anaquiños moi pequeniños para logo mesturalos con xugo.

A segunda actividade consistiu en facer queixo fresco. É moi doado de facer e só hai que utilizar tres ingredientes!

Antes de xantar puidemos coñecer aos animaliños que hai na granxa: un burro, un porco, varias ovellas e cabras, coelliños e dúas vacas enoooormes. Aprendimos moitas cousas sobre eles, por exemplo que o burro é un dos animais máis intelixentes e o porco un dos máis limpos. Tamén puidemos acariciar ás ovellas, pois encántanlles as caricias!

Despois de xantar aprendimos como é o proceso para extraer a la das ovellas e fixemos unha "gymkana" pola granxa buscando pistas.

Se queredes ver fotos de todo o que fixemos facede click na imaxe.

QUE BEN O PASAMOS!

lunes, 10 de junio de 2024

Unha viaxe polo mundo…

Mirade o resultado do enorme traballado realizado durante o curso dentro do proxecto do centro: a interculturalidade.

No primeiro trimestre investigamos sobre os países dos nenos e nenas da clase, coa finalidade de coñecernos un poquiño máis. Primeiro, os ubicamos no mapa do mundo e no continente correspondente, e aprendimos os nomes dos continentes grazas a esta canción. 


A partir do segundo trimestre centrámonos nun dos continentes. Ao primeiro ciclo tocounos Europa e, por este motivo, afondamos un pouquiño máis nos países previamente traballados ubicados neste continente. Buscamos información sobre flores, animais e comidas, e os recreamos con diferentes técnicas artísticas. 




SOMOS GRANDES ARTISTAS!  

Xornada de convivencia

Hoxe desfrutamos dunha xornada de convivencia como actividade final do proxecto que estamos a desenvolver no presente curso: SADABONA.

Desfilamos polo paseo marítimo de Sada para lucir os nosos preciosos disfraces do traxe típico de Ucrania, xogamos a moitos xogos diferentes, merendamos, bailamos e cantamos. Foi un día xenial en familia!

Podedes ver as fotografías facendo click na imaxe.


Grazas a todos e a todas por participar!

martes, 23 de abril de 2024

SadaDona

O mercado solidario de libros foi todo un éxito!

Comezamos presentando a iniciativa a todos os compañeiros e compañeiras dos diferentes cursos do cole, animándoos a participar traendo un ou dous libros das súas casas. Unha vez recolectados e clasificados por idades, aproveitamos a celebración do Día do Libro e os puxemos á venda nun mercado solidario de libros, no que participou moitísima xente, o que permitiu recadar unha gran cantidade de diñeiro, que será doado na súa totalidade a Médicos sen Fronteiras. 

                                GRAZAS, GRAZAS E GRAZAS!

Ademais, no especial Tarabelo nas Ondas do Día do Libro quixeron entrevistarnos para coñecer un pouquiño máis sobre este proxecto.

Para escoitar o audio e ver as fotografías de todo o realizado no proxecto, facede click na imaxe.


jueves, 18 de abril de 2024

VISITA Á PRAIA

Os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria aproveitamos o bo tempo desta semana para ir á praia de Sada.

Fixemos castelos de area, cavamos buratos profundos, recolectamos cunchas, xogamos ao balón e ao frisbee, cubrimos de area as pernas simulando colas de sereas...

Se queredes ver o ben que o pasamos, facede click na imaxe.


jueves, 4 de abril de 2024

Todas e todos somos capaces

No día de hoxe, tivemos a sorte de participar nun obradoiro de sensibilización sobre a diversidade e discapacidade da man de COGAMI. 

Isto permitiunos aprender un pouquiño máis sobre as diferentes condicións de discapacidade, pero destacando sempre as capacidades e posibilidades de todas as persoas. Ademais, tivemos a oportunidade de coñecer e familiarizarnos con elementos accesibles que facilitan a vida cotiá destas persoas: lingua de signos para comunicarnos, balóns con son para persoas que non escoitan, contos en braille e bastóns para persoas que non poden ver...

Aprendimos moitísimo!

Facede click na imaxe para ver as fotografías do obradoiro. 

                  MARESADA