viernes, 5 de noviembre de 2021

IMOS MEDRANDO!

A última carta da illa fantasía falábanos entre outras cousas da costureira Carmen da Fía. Pois vaivos propoñer unha actividade moi sinxela para este fin de semana. 

Como boa costureira gústalle coñecer as tallas de posibles clientes entón trátase de comprobar e anotar a vosa altura, a talla da roupa e o número de zapato nunha folla para poder facer un ficheiro de toda a clase. O cal se poderá revisar en cada trimestre para comprobar canto crecíchedes ao longo deste curso!

Se vos portades ben quen sabe se Carmen se anima a facervos algunha prenda.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

VISITA Á PRAIA

Os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria aproveitamos o bo tempo desta semana para ir á praia de Sada. Fixemos castelos de area, cavamos bura...