jueves, 19 de diciembre de 2024
TALLER DA ESCOLA GALEGA DE CONSUMO
Hoxe tivemos un interesante taller no que Patri nos ensinou como saber as características dos xoguetes: se é feito con materiais reciclados, para que idade esta recomendado e se leva as siglas CE (feito na Comunidade Europea).
Rematamos deseñando o noso propio xoguete ao que lle colocamos as etiquetas correspondentes.
miércoles, 18 de diciembre de 2024
VISITA A CORREOS
Durante estos días estivemos a preparar as postais e os sobres cos enderezos para enviar aos nos@s amig@s invisibles este Nadal.
Hoxe por fin puidemos ir ata Correos, non so para envialas, se non para coñecer de primeira man cal é camiño que seguen ata chegar ás casas.
Foi unha visita súper interesante!
Moitas grazas a Tomás por acompañarnos!
(Premede na imaxe para ver o vídeo)
jueves, 12 de diciembre de 2024
PALABREANDO - DECEMBRO
No día de onte recibimos a visita Lucía para contarnos que nos outorgaran dous premios do concurso mensual "Palabreando", organizado dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega: un a nivel de aula por ter buscado, escrito e debuxado as palabras do día na nosa axenda, e outro para Héctor, polo seu traballo individual.
NORABOA PARA TODAS E TODOS!
martes, 10 de diciembre de 2024
viernes, 6 de diciembre de 2024
lunes, 2 de diciembre de 2024
domingo, 1 de diciembre de 2024
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
C/QU
-
FORMANDO DECENAS Primeira toma de contacto coas DECENAS. Dez elementos xuntos forman unha DECENA, e iso foi o que fixemos hoxe: formar DEC...
-
Hoxe visitamos o Museo de Belas Artes. Unha das traballadoras do museo explicounos que durante o Entroido desapareceran algúns obxectos dos ...