martes, 23 de abril de 2024

SadaDona

O mercado solidario de libros foi todo un éxito!

Comezamos presentando a iniciativa a todos os compañeiros e compañeiras dos diferentes cursos do cole, animándoos a participar traendo un ou dous libros das súas casas. Unha vez recolectados e clasificados por idades, aproveitamos a celebración do Día do Libro e os puxemos á venda nun mercado solidario de libros, no que participou moitísima xente, o que permitiu recadar unha gran cantidade de diñeiro, que será doado na súa totalidade a Médicos sen Fronteiras. 

                                GRAZAS, GRAZAS E GRAZAS!

Ademais, no especial Tarabelo nas Ondas do Día do Libro quixeron entrevistarnos para coñecer un pouquiño máis sobre este proxecto.

Para escoitar o audio e ver as fotografías de todo o realizado no proxecto, facede click na imaxe.


jueves, 18 de abril de 2024

VISITA Á PRAIA

Os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria aproveitamos o bo tempo desta semana para ir á praia de Sada.

Fixemos castelos de area, cavamos buratos profundos, recolectamos cunchas, xogamos ao balón e ao frisbee, cubrimos de area as pernas simulando colas de sereas...

Se queredes ver o ben que o pasamos, facede click na imaxe.


jueves, 4 de abril de 2024

Todas e todos somos capaces

No día de hoxe, tivemos a sorte de participar nun obradoiro de sensibilización sobre a diversidade e discapacidade da man de COGAMI. 

Isto permitiunos aprender un pouquiño máis sobre as diferentes condicións de discapacidade, pero destacando sempre as capacidades e posibilidades de todas as persoas. Ademais, tivemos a oportunidade de coñecer e familiarizarnos con elementos accesibles que facilitan a vida cotiá destas persoas: lingua de signos para comunicarnos, balóns con son para persoas que non escoitan, contos en braille e bastóns para persoas que non poden ver...

Aprendimos moitísimo!

Facede click na imaxe para ver as fotografías do obradoiro. 

martes, 2 de abril de 2024

2 de abril: Día Mundial de Concienciación do Autismo

Hoxe, día 2 de abril, aprendimos un pouquiño máis sobre o autismo.

Comezamos vendo un vídeo explicativo e coloreamos o símbolo do infinito utilizando as cores do arco da vella. Despois, agrupamos estes símbolos de dous en dous para crear flores e concienciarnos sobre a importancia de respectar e valorar a diversidade.

"INFINITAS FLORES DIFERENTES FAN UN RAMO,

INFINITAS PERSOAS DIFERENTES FAN UN GRAN EQUIPO!"



UN CURSO CHEO DE CÓMICS   INVESTIGAMOS SOBRE ZIPI E ZAPE       MURAL COAS PERSONAXES DOS CÓMICS DE ZIPI E ZAPE RECREANDO PORTADAS   DÍA CONT...