jueves, 21 de diciembre de 2023
BO NADAL!
HOXE FOI UN DÍA MOI ESPECIAL!
Recibimos a visita do elfo Pipo outra vez e trouxo agasallos para todos e todas!
No seu saco traía un montón de postais!
TOMAMOS CHOCOLATE CON CHURROS E...
miércoles, 20 de diciembre de 2023
SORPRESA DE NADAL!
Hoxe visitounos un elfo. Si, si, UN ELFO! E menuda desfeita fixo...
Cando chegamos á clase estaba sentado no chan con todos os nosos xogos do recuncho do tempo libre tirados polo chan e cun sobre nas mans.
Non entendiamos nada, así que abrimos o sobre para poder ver o que había dentro del. Sabedes que había? UNHA CARTA!
Volverá mañá ao cole? Virá á nosa clase? Traerá algunha sorpresa? QUE INTRIGA!
Experimentando...
En Ciencias Naturais estamos a traballar os hábitos saudables.
Comezamos traballando a clasificación dos alimentos en distintos grupos. Despois, pasamos á práctica para crear un prato equilibrado e saudable.
Pero sabemos que manter unha alimentación equilibrada non é suficiente para estar sans, pois hai que beber suficiente auga, facer exercicio físico, durmir as horas necesarias e manter unha hixiene adecuada. Por iso é tan importante lavar as mans antes de comer, por exemplo.
Para entender como o xel desinfectante ou o xabón actúa sobre as bacterias que temos nas mans fixemos un experimento moi sinxelo para entender como o xabón ou o xel desinfectante eliminan as bacterias.
Paso 1: botar auga nun prato fondo.
lunes, 18 de diciembre de 2023
VISITA A AFUNDACIÓN
Hoxe fixemos unha visita a Afundación para ver unha exposición sobre animais en perigo de extinción. As fotos eran impresionantes! Ademais, contáronnos moitísimas curiosidades sobre diferentes animais, así como os diversos motivos polos que están en perigo de extinguirse.
Unha vez explicado todo isto, leváronnos ao taller. Alí déronnos unha folla para colorear un "ajolote", que é un anfibio mexicano que pode rexenerar as súas extremidades. Mandáronnos pegar unha pegatina prateada no bordo da folla e, aínda que non sabiamos para que, quedamos impresionados! Ao xuntar todas as follas no medio da mesa e poñer unhas pinzas amarrando todas esas tiras... MAXIA!
O ANIMALIÑO FACÍA: GLU, GLU, GLU, GLU
miércoles, 13 de diciembre de 2023
Coñecendo Venezuela
Hoxe tivemos outra visita moi especial!
A mamá de Amaia acercouse á nosa aula para contarnos cousiñas sobre Venezuela. Grazas a ela sabemos que "El Santo Ángel" é a fervenza máis alta do mundo e que os "tequeños" son un alimento moi típico alí, entre moitas outras cousas.
Moitísimas grazas por vir!
lunes, 11 de diciembre de 2023
VISITA Á CASA DAS CIENCIAS
Como sabedes, estamos a traballar as distintas culturas que hai na nosa aula e, aínda que hai países moi diferentes aos nosos, todos eles teñen algo en común: forman parte do mesmo planeta, O PLANETA TERRA.
Hoxe visitamos a Casa das Ciencias para coñecer un pouquiño máis sobre o espazo. Grazas á proxección "El cielo de Cloe", coñecimos cousiñas novas sobre o Sol, as estrelas, as constelacións, os planetas...
Despois, visitamos a sala dos péndulos e a sada de astronomía, nas que experimentamos coas mans e xogamos. Se facedes click na imaxe podedes ver fotografías do divertido que foi!
martes, 5 de diciembre de 2023
ENKI
Hoxe participamos na carreira solidaria ENKI, unha proba lúdica e non competitiva que promove, a través do xogo, a visualización de colectivos e persoas con diversidade funcional, así como o respecto e a educación na diversidade.
Se queredes ver as probas que fixemos e o ben que o pasamos, facede click na foto.
FOI MOI DIVERTIDO!
viernes, 1 de diciembre de 2023
Coñecendo Uruguay
Hoxe tivemos a primeira charla do proxecto SadaBona.
Nesta ocasión, foi a mamá de Johan quen se ofreceu a vir á clase para contarnos cousiñas de Uruguay. Encantounos!
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
-
Increíble xornada a de hoxe en Marcelle! Desfrutamos moitísimo coñecendo todo tipo de curiosidades dos animáis grazas á nosa guía Ana, descu...
.png)
.png)
.jpeg)
.png)
.png)
.png)
.png)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)




