Seguindo co programa TEI e partindo dun vídeo chamado “Vaia Perrencha”, esta actividade tivo como obxectivo traballar o autocoñecemento emocional. A finalidade é que os/ as alumnos/ as coñezan e identifiquen a rabia e aprendan a tolerar situacións e evitar que o enfado se desenvolva.
Tras ver o vídeo e facer un pequeno debate a actividade consistiu en que en grupos de 4 ou 5 persoas cada neno/a conta as cousas que lle enfadan e cales son os sinais físicos que senten nesa situación, ademáis de explicar que cousas poden axudarlle a acougarse.
Para despois realizar un debuxo que represente a “a cousa” en relación ao vídeo.
Por último propúxose levar a cabo a caixa do enfado. Cada vez que algúen sinta moito enfado, como Roberto, fai un debuxo da rabia, pensa en como se sinte, fai un garabato da cor que desexe... Pensamos no enfado e empezamos a facer un garabato moi rápido e forte, sen sentido para que o noso enfado saia de nós cara ao debuxo. E cando remate, debuxánselle ollos, mans, pés... Ata definir o seu particular monstro da rabia. A continuación, debe engurrar o papel, e con el ao personaxe, e depositalo nunha caixa con tapa para que o seu monstro da rabia non volva saír.
No hay comentarios:
Publicar un comentario